Lorelia


O nome talvez vos resulte novo mais non as nosas caras. Nacimos como Paracetafolk a finais de 2023 e, xa sendo as oito personaxes actuais, saímos dos Premios Martín Códax da Música 2025 co premio de Artista Emerxente. Levamos publicado xa varios sinxelos e un EP, pero agora subimos un chanzo máis.

Somos Lorelia, acompáñanos nesta nova aventura!

Xira 2026

Nova parada: o 7 de Agosto en Rianxo

Aquí tedes a nosa axenda para este ano. Nas nosas redes e neste páxina iranse subindo os cartaces para que estedes ben enterados e non vos perdades os vindeiros concertos.

Próximos eventos

7 – Agosto

Festas de Asados (Rianxo)


O primeiro concerto de agosto cae en venres, en Rianxo…e con tremendos compañeiros de cartaz! Alí nos vemos xente.

18 – Xullo

Concerto na Ponte de Brandomil


Un dos nosos concertos máis especiais. Non é un gran festival, non estamos na carpa máis grande nin en ningún cartaz cheo de grupazos. Estamos ao lado da casa, nunha das paraxes máis fermosas onde poder dar un concerto segundo se pon o sol: a Ponte de Brandomil (Zas)

20 – xuño

Foliada de San Xoan de Carballo


Abrimos o verán en Carballo, na casa de dous dos nosos músicos, e precedidos pola gran canteira que teñen as numerosas asociacións culturais deste concello.

24 – Abril

Concerto adicado á Revolución dos Cravos
As Pías + Lorelia na Sala Rebullón


Volvemos xuntarnos con outro grupazo, desta vez As Pías, nunha data tan especial coma esta e na Sala Rebullón! Arranca As Pías ás 22:00 e pechamos nós. Entradas na seguinte ligazón, onde tamén podedes mercar unha copia de NUS asinada por nós. Agardámoste!

6 – Marzo

Nimbos + Lorelia
A Pousada da Galiza Imaxinaria


Desta vez a ledicia é dobre: xuntámonos cun grupazo coma Nimbos e facémolo para levar a nosa música nin máis nin menos que Á Pousada da Galiza Imaxinaria. Imos levar ademais unha formación diferente á habitual. Se aínda non tedes a vosa entrada, podedes mercala na seguinte ligazón.

28 – FEBREIRO

I Foliada Inllar


A segunda parada do ano non se fai agardar. Unha hora de concerto en Ponteceso para dar comezo á I Foliada Inllar.

26 – febreiro

Casa da Crechas


LORELIA arranca esta nova aventura nun dos lugares máis icónicos da nosa música, a Casa das Crechas. Podes mercar as túas entradas na seguinte ligazón de enterticket.es. Agardámoste!

24-Outubro

18-Outubro

17-Outubro

11-Outubro

24-Agosto

24-Xullo

Santa Comba (Presentación Disco ‘Nus’)


Presentación oficial do noso último traballo, ‘Nus’, nun concerto especial na Vivenda Sociocomunitaria de Santa Comba. Unha noite de estrea coa casa chea, precedida polas actuacións de Os Pequenos da Baña e A Ponte Vella, para celebrar a saída do disco.

O Grove (Festival Solidario Nos Seus Pés)


Sumámonos á VII edición deste festival solidario na Praza do Corgo. Unha xornada para apoiar a causa de Proem-Aid.

Vimianzo (A Muiñada)


Noite de foliada e concertos na contorna dos Muíños da Gándara. Un pracer formar parte desta festa que organiza a asociación Cherinkas recuperando o espírito das vellas muiñadas.

Carballo (Presentación Live in Cances)


Concerto e celebración no Casino de Carballo! Un acto moi concorrido onde se presentou o disco colectivo ‘Live in Cances’, co que a Asociación San Campio conmemorou os seus 25 anos. Un proxecto que mestura o rock e o pop da zona coa música tradicional das cantareiras, demostrando o músculo musical da parroquia.

Moeche (Festival Irmandiño)


Estivemos aos pés do castelo na 45ª edición do Irmandiño. Un dos grandes encontros do verán onde puidemos levar a nosa proposta a un escenario histórico.

Santiago (Folk na Beira do Sar)


Tocando nunha contorna privilexiada, a carón da Colexiata. Un concerto dentro do ciclo que organiza a asociación do barrio para manter viva a música de raíz a carón do río.

Quen Somos

Escóitanos

NUS (EP)


Novembro de 2025
Este EP homenaxea a Nus, grupo folk de Escairón. Estas pezas son unha reimaxinación dunha maqueta que non chegaron a converter en disco. Inclúe tres pezas en directo do concerto de presentación do EP.

Varilongo (Sinxelo)


Maio de 2025
A nosa reviravolta dunhas coplas da Mina de Varilongo, famosas na Santa Comba onde nace o grupo, pero non tan presente nas plataformas dixitais.

Debaixo das Cerdeiras (Sinxelo)


Marzo de 2025
Peza baseada na melodía dunha cantiga de amor ucraína, que galeguizamos e presentamos a modo de preludio lento máis pasodobre.

Galería


Síguenos nas nosas redes sociais

contacto@lorelia.gal

+34 674 641 995

A Asociación PARACETAFOLK conta co apoio da Deputación da Coruña a través dos programas de subvencións FO213 e FO214, destinados ao desenvolvemento de actividades culturais e á realización de investimentos.